Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Felipe VI conxélase o soldo e destina a asignación do seu pai a outro fin
Felipe VI vai cobrar este ano 253.850 euros brutos, o que supón a mesma cantidade que no 2020, e tamén decidiu non aumentar a asignación nin da raíña Letizia nin de dona Sofía, polo que a retribución que se retirou a Juan Carlos I irá destinada a outros fins do orzamento, como informática. Dona Letizia recibirá este exercicio 139.610 euros, mentres que a raíña Sofía cobrará 114.240 euros, informaron fontes da Casa Real. O rei decidiu no seu caso e no das raíñas non aplicar a subida salarial do 0,9 % dos funcionarios, algo que si fixo en exercicios previos.
O outro membro da Familia Real que tiña unha retribución do Estado era JuanCarlos I , pero o seu fillo quitoulla o pasado mes de marzo ao mesmo tempo que renunciou á súa herdanza tras coñecerse os presuntos negocios ocultos que tiña no estranxeiro. O rei emérito tiña prevista unha remuneración de case 200.000 euros durante o 2020, pero deixou de cobrar 161.034 euros que a Casa do Rey destinou ao seu fondo de continxencia.
No canto de repartilo entre os membros da Familia Real que cobran un soldo das arcas públicas, o diñeiro que eventualmente recibise Juan Carlos I este curso vai ir destinado a outras partidas da institución. Aínda que forman parte dela, a princesa Leonor e a infanta Sofía non teñen ningunha retribución pública. O orzamento da Casa do Rey para este ano é de 8,4 millóns de euros, polo que permanece conxelado respecto ao anterior exercicio.
Esta cantidade resulta da suma de 7,8 millóns de euros, que foi a mesma cantidade que en o 2018, o 2019 e o 2020, e dos 544.000 euros adiantados pola Casa do Rey nos dous últimos anos correspondentes a atrasos de retribucións de persoal e cotizacións á Seguridade Social. Entre as partidas que ven incrementada a súa contía, destacan as destinadas a informática e modernización tecnolóxica ante o interese de Felipe VI en acelerar a transformación dixital da institución posta en marcha hai dous anos, segundo as fontes. Xa no 2020, debido á pandemia, estableceuse como prioridade a implantación do teletrabajo e proporcionáronse terminais portátiles e adaptáronse os sistemas con novas aplicacións para operar a distancia.

Juan García Ocampo - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2021 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0