Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A borrasca «Justine» trae a Galicia fortes ventos e ondas de máis de oito metros na Coruña
A borrasca Justine, convertida en cicloxénese explosiva, entrou onte en Galicia. No entanto, Meteogalicia indicou que os efectos máis importantes produciranse hoxe, no interior da comunidade, e o sábado, na costa galega, días nos que estarán decretadas alertas de nivel amarelo e vermello, respectivamente.
As primeiras rabexadas de Justine deixaranse sentir na zona da Mariña, en Lugo, en alerta amarela por refachos de vento superiores aos 80 km/h. Este aviso estará activado, ademais, na Costa da Morte e no litoral noroeste da Coruña, onde se esperan ventos do suroeste de forza 7.
Con todo, segundo indicou o meteorólogo Juan Taboada, consultado por Europa Press, el groso da borrasca tocará Galicia a noite do venres e o sábado.
O aviso amarelo por fortes ventos, con refachos superiores aos 70/80 kms/h, mantense o venres en toda a comunidade, ao que se suma unha alerta da mesma intensidade no interior da provincia de Pontevedra e parte da da Coruña, por choivas de máis de 40 litros/m2 en 12 horas. Ese mesmo día, a alerta en Costa da Morte e na costa noroeste coruñesa sobe a laranxa por ventos do suroeste de forza 8.
Tal e como explicaron fontes de Meteogalicia, unha vez que os ventos amainen o temporal trasladarase á costa, onde se espera o seu maior impacto durante a xornada do sábado. Case todo o litoral galego estará en alerta laranxa por mar combinado con ondas de entre cinco e oito metros, así como por ventos de forza 7 e 8.
En Costa da Morte, a costa noroeste coruñesa e a Mariña luguesa, o aviso subirá ata o nivel vermello, con ondas de máis de oito metros.
Ademais, a alerta amarela por choivas manterase o sábado no interior de Pontevedra e gran parte da provincia da Coruña, onde se espera que se alcancen os 40 litros/m2 en 12 horas. Na montaña ourensá e a provincia de Lugo, o nivel de alerta seguirá en amarelo por refachos de vento superiores aos 70 km/h.

Martín Lage Fernández - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2021 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0