Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Román Rodríguez: «Ir á escola é unha obrigación»
omán Rodríguez repite unha e outra vez que os centros educativos son «lugares seguros», e aporta datos para corroborar o que, recalca, «non é unha apreciación»: por exemplo, que só deu positivo en covid menos do 0,6% da poboación que entra nos colexios e institutos, que son case 500.000 persoas, cando a media estatal está no 1,4%. Pero o conselleiro tamén sabe que os 3.511 casos nas escolas galegas que onte tiña rexistrados a Xunta non son estatística, son persoas, con familias e amigos preocupados; e que as 169 aulas pechadas poñen en alerta a unhas 4.000 persoas.
—Os colexios van seguir abertos. Que tería que pasar para pechalos?—Van seguir abertos porque é unha decisión sanitaria. Nós apostamos (como fixo a ministra estes días, que en outras cousas non estou de acordo con ela, pero nesta si), pola presencialidade. A comunidade educativa de Galicia, as familias, os traballadores e os rapaces seguindo o que se lles di, están a facer un magnífico esforzo, e a porcentaxe de casos positivos, que non de contaxios, sobre o total de persoas que entran cada día nos centros escolares galegos é do 0,6% cando a media de España está no 1,4%. Sobre que debería pasar para pechar, é o comité clínico o que ten que decidilo, pero en calquera caso polo impacto que tería unha medida así debería estar consensuada e pactada.

—Ve unha tendencia ao control do pico nestas últimas horas?
—A tendencia á baixa a tiñamos antes e mudou o 1 de xaneiro, cando as persoas da comunidade escolar, que entón non estaban na escola, comezaron a dar positivo. Nós pechamos o curso con 800 positivos e volvemos o día 8 con 1.100 casos; a escola segue a tendencia da sociedade. As dúas primeiras semanas do curso foron moi duras e agora hai a sensación de que a porcentaxe de incremento se aplanou algo, que se está a controlar. —Non tería sido mellor pechar a escola estes quince días?—O 87% dos positivos xa non chegaron á escola. Por esa regla de tres, habería que pechar o país estas dúas semanas.

—Entende que unha familia non queira levar aos seus fillos á escola estes días? Haberá comprensión neste tempo? —Eu tamén son pai e comparto as mesmas preocupacións dos demais, son lóxicas. Pero vemos que os contaxios foron no ámbito das familias, no ámbito social, e ir á clase é unha obrigación. Agora ben, hai casos que hai que valorar.
—Como vai o traballo das comisións provinciais sobre o absentismo?—Sabemos que nalgunhas provincias hai más casos que noutras. Eu comprometinme a dar un informe trimestral no Parlamento. As comisións empezaron a principios de decembro, e cando toque faremos o balance. Pero que quede claro que as súas decisións non son arbitrarias, son equipos específicos de vixilancia. —Agora estase a falar do uso das máscaras FFP2, pero a Xunta entregoulles aos profesores máscaras hixiénicas.—Abriuse un debate moi interesante e mañá [por hoxe] Feijoo o levará a Pedro Sánchez o uso das máscaras FFP2 nalgúns lugares. De entrada, poderíase baixar o IVE.
—Xusto unha das poucas medidas que ten que tomar só o Goberno central...—Se algo aprendemos é que as medidas evolucionan co coñecemento. Se hai un estudo serio e rigoroso, Galicia estará á altura das circunstancias.

—Iso tamén se pode aplicar aos detectores de CO2? Castela e León mercou 17.000 deses aparatos para as súas aulas. Galicia ten 18.000 aulas. Mercará a Xunta estes detectores?
—As recomendacións sanitarias indican que a mellor prevención é a ventilación, iso é imprescindible. Nós estamos cumprindo coa limpeza do aire, e para mellorala Galicia ten unha app de ventilación baseada en estudos científicos, probada en centros piloto e cunha variedade enorme de información; está deseñada por investigadores de primeiro nivel e pensada para cada unha das circunstancias dos colexios, que non é o mesmo ter o centro na praia de Coroso, en Ribeira, que no medio de Ourense. Dende o punto de vista da seguridade sanitaria, a app e o contador de CO2 son ferramentas equiparables, o resultado vai ser o mesmo. —Por certo, a Xunta confirmou que só uns 450 centros se deron de alta na app, un terzo do total e menos da metade dos públicos. Que valoración fai destes datos? —Os centros tiveron sesións formativas e se incorporarán se entenden que é útil. Pero é unha ferramenta voluntaria e a algúns ao mellor non lles fai falla.

Bruno Antonio Ortiz López - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2021 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0