Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A cepa surafricana chega a Portugal
Portugal acaba de confirmar a presenza da variante surafricana de covid que, como sucede coa británica, é máis contaxiosa. Polo momento detectouse un único caso, «un estranxeiro residente en Lisboa», segundo revelou a medios locais un dos investigadores do Instituto Nacional de Saúde Ricardo Jorge, que está rastrexando a presenza das novas cepas de coronavirus. Por outra banda, os contaxios entre os ministros seguen crecendo, xa que a titular de Agricultura, Maria do Céu Antunes, deu positivo por coronavirus nas últimas horas e convértese así no cuarto membro do Goberno co virus activo, nun momento en que as autoridades detectaron por primeira vez a variante surafricana de covid.
Antunes, que se atopa en confinamento domiciliario, non ten síntomas e continuará coa súa axenda a distancia, segundo un comunicado do seu gabinete, que indica ademais que descubriu o positivo nun test previo a viaxar a Bruxelas para presidir o Consello de Agricultura e Pesca. A titular de Agricultura únese a unha lista na que xa están outros tres ministros que deron positivo en menos de dez días: o de Economía, Pedro Siza Vise; o de Finanzas, Joãou Lleãou, e a de Traballo, Ana Mendes Godinho.
Os seus contaxios, enmarcados na terceira onda que está a deixar marca de mortes e contaxios en Portugal, obrigaron ademais a que gardasen illamento preventivo outros dous colegas de gabinete, os responsables das carteiras de Ambiente e de Mar, a pesar de ter dado negativo. Non é a primeira vez que o virus afecta o equipo do primeiro ministro, o socialista António Costa, que tivo en outubro o positivo do ministro de Ciencia, Manuel Heitor, e en novembro o de Plan, Nelson de Souza, ambos xa completamente recuperados.
Os contaxios dos ministros chegan nun complicado momento para Portugal, que encadea marcas de falecidos (o último este venres, con 234 mortes), e ten os contaxios disparados, notificando ao redor de 14.000 desde hai días. As autoridades achacan este crecemento en gran medida á presenza da variante británica, que xa ten unha prevalencia do 20 % e estímase que poida chegar a representar o 60 % proximamente.

Paula Rey-Stolle González - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2021 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0