Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Moncho Reboiras e o seu tempo saen á luz
A Fundación Terra e Tempo vén de dar voz a unha parte das persoas que
partillaron loita e militancia con Moncho Reboiras. A publicación, titulada
Moncho Reboiras. Das ideas aos feitos dá continuidade ao filme documental de
Alberte Mera, Reboiras. Acción e corazón e a un volume anterior editado pola
mesma fundación en 2009 baixo o nome Moncho Reboiras. O nacionalismo
galego nos 70.
“Fronte ao silencio cómpre difundir a memoria e manter o testemuño vivo”,
sinalan os coordinadores deste número do Terra e Tempo dedicado a Moncho
Reboiras, Alberte Mera e Roberto Vilameá, quen pretenden que “cada lector
que abra estas páxinas axude tamén co seu gran de area á transmisión da
memoria colectiva do pobo galego e sexa tecedor da mesma, fronte ao silencio:
o poder da memoria e a palabra”.
Mera e Vilameá consideran que “45 anos despois do asasinato de Xosé Ramón
Reboiras Noia fica aínda un manto de silencio sobre a súa figura” así como
“unha débeda pendente con Moncho Reboiras e cunha xeración de galegas e
galegos nacionalistas que arriscaron toda a súa mocidade -incluíndo a súa
propia vida- para enfrontar a ditadura, organizar o pobo galego e pelexar pola
liberdade con maiúsculas, isto, é a dos dereitos individuais e dos dereitos
colectivos”. En relación con esta xeración, a publicación recolle o testemuño de
quen fora o fundador e dirixente do BNG e da UPG, Bautista Álvarez, falecido
hai máis de 3 anos, quen deixou escrito aqueles “eran tempos nos que os
liderados se gañaban non na tribuna, senón no campo de batalla. Non había
laureados. Só prisión, tortura ou morte”.

Ricardo Tornero Belloso - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2021 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0