Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Patrimonio Nacional paga 500.000 euros para o mantemento de tres piscinas da Casa Real

Dúas de verán e unha climatizada.

Patrimonio Nacional gastou este 2021 até 500.000 euros a través dunha empresa no mantemento de tres piscinas da Casa Real española, segundo vén de publicar Eldiario.es. Este gasto sae do Ministerio de Presidencia e é diñeiro, en principio, destinado a protexer o patrimonio histórico e cultural mais non unha piscina particular sen ningún tipo de atractivo arquitectónico.

Son dúas piscinas de verán e unha climatizada para a tempada de inverno. A información de Eldiario.es sinala que o Estado xustifica a partida como a "traballos específicos de mantemento de piscinas", así se pode constatar no epígrafe de contratación estatal de Patrimonio Nacional.

Para tentar xustificar a acción, remítense ao decreto marcado polo ministerio de Sanidade que establece "o coidado de espazos públicos e privados". A efectos prácticos, nestas piscinas tan só se poden bañar Felipe VI, a súa familia e os invitados.

O contrato adxudicouse a Multiservicios Tecnológicos SA, especializada en instalacións, climatización ou cámaras frigoríficas. Ademais, téñense que sumar 240.000 euros adicionais polo mantemento do edificio e as súas dependencias na empresa Teodoro SA, tarefas de limpeza do palacio por 893.000 euros e servizos forestais do Pardo por 140.000.

En definitiva, practicamente hai 2 millóns de euros extras que se teñen que sumar aos 8,4 millóns oficiais que o Estado paga dos Orzamentos para manter a monarquía.

Patrimonio Nacional dedica diñeiro e persoal á Casa Real. Segundo os últimos datos públicos do 2015, destínanse 122 traballadores á Zarzuela. Patrimonio Nacional pagou o mantemento da casa de Corinna e os seguros dos coches de luxo do rei emérito.


Iago Fuentes Aller
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2021 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0