Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dimite o Xefe de Estado Maior da Defensa tras a polémica por ter recibido a vacina

O Xefe de Estado Maior da Defensa (JEMAD), o xeneral Miguel Ángel Villarroya, pediu este sábado o seu cesamento á ministra de Defensa, Margarita Robles , para «preservar a imaxe das Forzas Armadas». O xeneral Villarroya deu este paso tras a polémica por ter recibido a vacina contra o Covid-19 xunto a outros altos mandos militares do Estado Maior da Defensa. A ministra de Defensa, Margarita Robles , solicitara onte a Villarroya un informe e aseguraba: «En función ao que diga o informe, veremos». Pero o xeneral adiantouse e pediu o seu cesamento.
A pesar da polémica pola súa vacinación, o que foi JEMAD durante o último ano sostén que a decisión de recibir a vacina contra o Covid-19 foi «acertada», pero está «deteriorando a imaxe pública» das Forzas Armadas e pondo en dúbida a súa propia «honradez». Segundo xustifica, a vacinación tivo lugar «no cumprimento das súas obrigacións, de acordo aos protocolos establecidos e coa única finalidade de preservar a integridade, continuidade e eficacia da cadea operativa das Forzas Armadas». O ata agora JEMAD insiste en que «sempre se esforzou en servir de exemplo aos seus subordinados e en facer o correcto» e tomou a decisión de renunciar ao cargo co obxectivo de «non prexudicar» a imaxe das Forzas Armadas.


Alejandro Fernández Blanco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2021 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0