Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Hortensia Bautista, mestra: "A escola é un gueto onde o alumnado galegofalante resulta unha anécdota"

A preocupación por transmitir a lingua e a cultura galegas, así como a contorna
do val do río Tea, levou a mestra Hortensia Bautista a escribir o libro 'O
bambán no vento', editado pola Fundación Eomaia. A viaxe literaria, para
nenas e nenos a partir de sete anos, vén acompañada das ilustracións de
Aurora Quinteiro. A súa experiencia docente sempre foi parella á defensa do
idioma galego, desde os anos 80 até a súa xubilación nesta década.
Quen é responsábel da desaparición cada vez máis rápida da nosa lingua? 
Unha parte moi importante son as familias. Antes toda a comunicación facíase
nelas. Na miña infancia na escola había que falar en castelán, mais no rural
todas e todos falabamos en galego. As nosas iguais falaban en galego. Cando
a concentración escolar comezou a perderse a fala. Ao comezar no ensino, nos
80, podía ter dous escolares castelanfalantes, e cando rematei había cursos
sen ningún galegofalante de 25 que tiña. É a perda do apego. Quen ten que o
pór en valor son as institucións educativas e administrativas. Eu vexo como en
materias como Música non se dá a nosa música, non se cantan as nosas
cantigas. En realidade non interesa fomentar iso. A escola é un gueto onde o
alumnado galegofalante é unha anécdota. Cando entra un galegofalante
remata falando castelán.


Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2021 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0