Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¿Pode Biden retomar o achegamento a Cuba?
A chegada de Joe Biden á Casa Branca abre un novo
escenario para as relacións entre
Cuba e Estados Unidos, marcado pola hostilidade e o aumento das sancións durante o
mandato de Donald Trump. Volverá o desxeo da época Obama?
O efémero achegamento esvaeceu en catro anos ao mesmo ritmo que máis de 200
sancións de Washington que empuxaron ao bordo unha economía cubana xa
esgotada, baixo o argumento do suposto apoio de Cuba a Nicolás Maduro en
Venezuela e a falta de da democracia na illa.
Trump castigou o transporte, o turismo e as remesas, prohibiu os negocios cunha
extensa "lista negra" de empresas vinculadas ao exército cubano, paralizou os servizos
consulares tras misteriosos problemas de saúde sufridos polos diplomáticos
estadounidenses e despediuse ao regresar a Cuba á lista de patrocinadores do
terrorismo, da que saíu en 2015.
Para moitos, foi unha estratexia para gañar votos en Florida, o epicentro do exilio
cubano.
Biden viviu o "desxeo" como vicepresidente de Barack Obama e durante a súa
campaña avanzou que retomaría o achegamento, cancelando, polo menos, as medidas
que dificultan a relación das familias de ambas as partes.


Sara Blanco Daparte
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2021 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0