Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis de 125 denuncias en Vigo en só 24 horas por incumprimento das restricións da pandemia
A Policía Local de Vigo presentou entre a madrugada do sábado e o domingo un total de
126 denuncias por incumprimentos relacionados con restricións e medidas sanitarias para o control da pandemia covid-19.

Segundo detallou o consistorio olívico, entre as 06:30 horas do sábado e a mesma hora do domingo realizouse un despregamento que incluíu case 150 controis de vehículos.

En total, os axentes presentaron 126 denuncias relacionadas coa normativa sanitaria. A maioría debían a non levar máscara (33) ou a reunións nos fogares de persoas que non convivían (25) e que se limitan a un máximo de catro persoas na cidade de Vigo.

Así mesmo, identificáronse once persoas que incumpriran o peche perimetral, ademais doutras tres que fumaban na vía pública sen respectar a distancia de seguridade.

Por outra banda, propuxéronse catro locais de lecer para sanción por incumprimentos da normativa vixente. Unha destas queixas foi por unha zona comercial en Florida que superaba a capacidade permitida e outra por un negocio de hostalería que superaba o número máximo de clientes que podían estar na terraza.

Ademais, tamén houbo unha denuncia por desobediencia á autoridade por negarse a ser identificada pola patrulla da Policía Local, así como outras 14 sancións por consumo de alcol na vía pública.


Franz Carballo Orejarena
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2021 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0