Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os sanitarios terán que esperar para que a vacina chegue aos maiores:

O persoal sanitario -así, sen matices- en España é o 3 % da poboación, algo máis de 1,5 millóns de persoas, co que, ante a falta de dose, agravada polo recorte de Pfizer, o Ministerio de Sanidade deuse conta que se pretende vacinalos a todos nesta primeira fase outros grupos máis vulnerables van alongar aínda máis a espera. Por iso é polo que os expertos do Grupo de traballo técnico de vacinación covid-19 publicasen onte unha nova actualización da súa estratexia, a segunda xa, na que se modifican lixeiramente os criterios. Primeiro de nada insístese en que as comunidades teñen que acabar nas residencias, co persoal sanitario de primeira liña -algo que está feito na súa gran maioría, pero non completado do todo- e tanto os grandes dependentes que están nas súas casas como os profesionais que traballan con eles.

Vaise vacinar, xa que logo, aos sanitarios que aínda falten nos hospitais e os centros de saúde, aínda que non sexan de primeira liña, e tamén aos dentistas e outros profesionais similares de risco. Pero o resto terán que esperar á seguinte fase, do mesmo xeito que os menores de 55 anos que teñan pasado a enfermidade nos últimos seis meses.

É dicir, a partir previsiblemente dos primeiros días do mes que vén empezarase co seguinte grupo de risco, as persoas maiores de 80 anos, polo que os sanitarios que non están en primeira liña seguirán tendo prioridade como traballadores esenciais, pero non a máxima, a da fase 1, que era a que ata agora lles daba o plan.


Paula Vázquez 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2021 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0