Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O tren de borrascas abandona Galicia, ¿e agora que?

Este domingo aínda se esperan choivas xeneralizadas, pero a partir de mañá esperar cambios

Desde mediados do pasado decembro, a meteoroloxía conseguiu roubar algo de protagonismo á pandemia. Moitas conversacións orbitaban en torno ao tempo, e non para romper o xeo precisamente. Primeiro foi o frío extremo, con temperaturas máximas e mínimas moi por baixo da media e con valores que chegaron aos 13 graos baixo cero en Galicia e os 34 negativos noutros puntos de España.
A primeira quincena de xaneiro de foi a segunda máis xélida desde 1961 segundo os rexistros da Axencia Estatal de Meteoroloxía. Nas últimas semanas sumáronse ademais as borrascas. A primeira foi Filomena, que se combinou co aire frío para xerar a «gran nevada». Despois chegaron en sete días catro ciclóns, dos cales tres foron nomeados pola Aemet. A última borrasca, Ignacio, deixou onte fortes refachos de ventos e importantes acumulados de choiva nas provincias atlánticas.

Marco Conde Losada n 2 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2021 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0