Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cae co seu coche por un terraplén en Navia e localízano grazas ás coordenadas de WhatsApp

O suceso ocorreu a noite do sábado á altura da parroquia de Galegos

A pasada noite, sobre as 23 horas, un home sufriu unha saída de vía co seu vehículo cando circulaba pola LU-P-3501, á altura da parroquia de Galegos, no concello de Navia de Suarna. O coche caeu por un terraplén, pero o condutor puido avisar a un familiar do que sucedera, segundo detalla a central de urxencias do 112. O familiar chamou entón ao 061 explicando o sucedido e sinalando que non sabía en que punto da estrada atopábase.
Os profesionais do 112 pediron entón ao ferido que lles enviase a través do servizo WhatsApp as coordenadas da súa localización, polo que puideron localizalo ao instante, remitíndollas aos servizos de urxencias. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061 que evacuou ao condutor ata o Hospital Universitario Lucus Augusti. Aínda que o 112 tamén deu aviso aos efectivos do GES de Becerreá e aos Bombeiros de Sarria, cando estaban de camiño avisáronlles de que a ambulancia xa evacuara ao condutor e que non era necesaria a súa intervención. Tamén se deu aviso a Tráfico .

Marco Conde Losada n 2 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2021 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0