Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia supera xa o milleiro de hospitalizados por coronavirus

Os contaxios baixan lixeiramente por primeira vez en catro días, pero as ucis están a piques de pasar o pico da primeira onda
A presión hospitalaria da terceira onda do coronavirus en Galicia non dá tregua, cun ascenso progresivo de ingresos en planta e en coidados intensivos. Nos datos facilitados hoxe pola Consellería de Sanidade contabilízanse un total de 1066 pacientes ingresados en total, con 150 xa en coidados intensivos, lou que deixa a cifra só a 23 do pico máximo que as ucis rexistraron na primeira onda, e achega perigosamente a situación de colapso. Para atopar unha cifra similar de hospitalizados hai que trasladarse ao día 7 de abril, en pleno pico da primeira onda.

O dato positivo da xornada é o descenso no número de contaxio por primeira vez nos últimos catro días. Os contaxiados ascenderon o último día a 1528 (1325 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, segundo datos do Sergas). Na xornada anterior a cifra ascendía a 1889. Aínda así, Galicia leva xa doce días moi por amais dos mil contaxios, e a punto estivo incluso de rozar os 2.000 diarios.
Tamén descendeu a taxa de positividad, segundo os datos da Xunta, ata o 10,8 %. En total, hai 18.992 persoas coa infección activa na nosa comunidade, dos cales 17.926 están nas súas casas. En total, ao longo desta pandemia hanse realizado 1.321.879 probas PCR e 486.458 probas serológicas.
Andrea Romero Castro, n° 15.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2021 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0