Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os casos activos de covid en centros educativos galegos superan xa os 2.700:

É o triplo que ao acabar o trimestre a finais do 2020; a cifra total sobe en 126 nunha soa xornada.
A cifra activa de casos por covid-19 en escolas infantís, colexios e institutos de Galicia rexistrou un novo incremento ata chegar aos 2.754 casos, 126 máis que no reconto anterior, o que supón o máximo rexistro desde o estalido da pandemia. En pouco máis de dúas semanas desde que se retomaron as clases (foi o pasado 8 de xaneiro, venres), a cifra hase triplicado. De feito, ao acabar o primeiro trimestre, xusto antes de pechar os centros polas vacacións de Nadal, os casos activos apenas estaban por amais dos 800. Hai ademais 135 aulas pechadas por corentena.

Os centros completamente clausurados -todos eles escolas infantís, onde non é obrigatorio o uso de máscara- son cinco, un menos que o día anterior, xa que na listaxe facilitada xa non figura a escola de Crecente (Pontevedra). Seguen pechados os centros de Forcarei e Pequenecos de Cuntis (Pontevedra); Viveiro (Lugo), A Pobra de Trives (Ourense) e PAI de Riós (Ourense).

A área sanitaria da Coruña suma 724 contaxios nos seus centros escolares, 34 máis que onte, e 29 aulas en corentena, dúas máis. A de Vigo contabiliza 557 contaxios (21 máis) e 42 aulas pechadas (sobe 11); a de Santiago, 429 contaxios (2 máis) e 17 aulas pechadas (outras 2 máis); a de Ourense, 307 casos (incrementa en 14) e once aulas pechadas (sen variación). En Pontevedra e a súa área hai 300 casos (20 máis) e 18 aulas pechadas (outras 5); en Lugo, 237 casos (sobe ata en 20) e seis aulas pechadas (unha máis); e finalmente na de Ferrol hai 200 casos activos (15 máis nun día) e doce aulas pechadas, sen variación.

Noa Varela nº16 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2021 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0