Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A factura industrial afunde Ferrolterra


Non lle falta de nada en materia industrial -ten instalacións, sectores punteiros e persoal altamente cualificado- pero de novo Ferrolterra afúndese nunha crise sociolaboral que elevou a tensión nas dúas últimas semanas. Os anunciados peches da central térmica de Endesa nas Pontes e da planta de Siemens Gamesa nas Somozas aviva a incerteza sobre o futuro para centenares de familias que ven perigar o seu modo de sustento. A cadea de despedimentos xa comezou hai meses no estaleiro ferrolán, que está esgotando a carga de traballo actual e non prevé arrincar o próximo encargo ata dentro dun ano.

Na ecuación das crises industriais, as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal sempre saíron perdendo. A primeira reconversión naval, a mediados da década dos oitenta, marcou un punto de inflexión para unha zona que non deixou de padecer unha forte sangría laboral. Só Ferrol perdeu desde entón case 24.500 veciños.


- Paloma González González, 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2021 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0