Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Calcula cando che toca vacinarche
Cando me tocará vacinarme? É a pregunta que se fai todo o mundo e para a que ninguén ten resposta. Ou case ninguén, porque o cántabro Álvaro Dez, que está facendo un máster de simulación en Varsovia, e a súa compañeira Dominika Miszewska deseñaron unha calculadora coa que calquera pode facerse unha idea máis ou menos aproximada de canta xente ten por diante neste vital percorrido cara á inmunidade fronte ao covid-19.

Como cabería esperar, á ferramenta non se lle pode pedir unha precisión absoluta, mais cando e a nivel mundial, e en Europa e España en particular, aínda non está do todo claro con cantos millóns de doses se vai contar nos próximos meses, nin quedou definido con exactitude que persoas están incluídas nos seguintes grupos prioritarios. Por iso a propia calculadora, á parte da actualización continua á que a someten os seus creadores coas novas informacións que van saíndo á luz, permite ao usuario realizar as súas aproximacións en función dos datos que vai coñecendo e incluso en base a como cre que se van desenvolver os acontecementos nos próximos meses.

Álvaro Díaz estudou física en Santander e acabou en Polonia. Do seu proxecto naceu Omni calculator, un proxecto con sede en Cracovia pero cos participantes repartidos por boa parte do globo. «Do único continente que non temos xente é de Oceanía», conta o mozo cántabro, que con só 28 anos xa estivo a realizar prácticas no coñecido CERN de Suíza, a Organización Europea para a Investigación Nuclear.


Miguel Arias 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2021 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0