Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estaca de Bares, paraíso ornitolóxico
Latitude 43º 47′ 23.6″ N, lonxitude 7º 41′ 17.9″ W. Son as coordenadas que nos indican que estamos na punta máis setentrional da Península Ibérica: en Estaca de Bares, un cabo que tamén nos marca a divisoria xeográfica entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico.
Estas coordenadas están en todas as súas cartas de presentación, como os están os seus espectaculares e batidos cantís que separan as rías de Ortigueira e O Barqueiro; o faro situado no extremo norte do cabo, en funcionamento desde 1850.

Xeografía e natureza alíanse para facer deste enclave o mellor punto de observación de paxaros de Europa, un paraíso para os numerosos especialistas e afeccionados que se achegan a este lugar -sobre todo entre setembro e decembro- para ver o paso de miles e miles de aves do Atlántico, o Mediterráneo e o Ártico na súa travesía cara a lugares máis cálidos. Foi declarado Sitio Natural de Interese Nacional en plena Segunda República, no ano 1933.
Británicos, finlandeses, holandeses, franceses, alemáns, belgas… sen esquecernos dos peninsulares constitúen cíclicamente pequenos babeles cun interese común: observar e estudar o comportamento da infinidade de aves que pasan diante dos seus ollos, entre elas o alcatraz atlántico, pardelas (cincenta, balear, pichoneta…), corvos mariños (grandes, moñudos) ou carráns (común, ártico, patinegro). Seguen a senda aberta en 1954 polos británicos Owen, Snow e Moreau, que entre o 6 e o 9 de outubro, tiveron ocasión de observar desde esta atalaia un abundante paso de alcatraz atlántico e negrón común, tal como recolle a primeira referencia constatada de presenza de ornitólogos en Bares (Owen et al., 1995)
Así mesmo son moita as persoas que se achegan ata o cabo de Estaca de Bares, no municipio de Mañón (A Coruña) para gozar da fereza coa que o mar arremete contra os seus cantís graníticos e das súas espléndidas vistas e admirar o Faro, levantado a 101 metros de altura sobre o nivel do mar no montículo Ventureiro e que está en funcionamento desde o 1 de setembro de 1850.
Ademais do seu contrastado interese ornitolóxico, o cabo de Estaca de Bares é, sen dúbida, un lugar de gran valor natural, paisaxístico e por que non sentimental, non en balde foi o último tramo de terra galega visto durante décadas polos miles de emigrantes que navegaban rumbo a América, en busca dun futuro mellor. Se espectaculares son as vistas desde o Faro, non menos impresionante é o camiño que descende desde a Estación Ornitolóxica cara ao mar cunha fileira encadeada de muíños de auga, todo un exemplo de arquitectura popular galega que merece a pena coñecer.



Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-01-2021 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0