Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
As horas máis escuras do pequeno comercio de Ourense chegan a partir das seis: |
|
O efecto das rebaixas desínchase polo peche anticipado da hostalaría.
O contraste de locais abertos e pechados na
última hora da tarde converteuse nunha das
imaxes máis características da terceira ola da
pandemia na cidade de Ourense. Nas rúas como
a céntrica Santo Domingo obsérvase moito mellor
que nas outras. A partir das seis da tarde, cando
os bares se ven abrigados a baixar as persianas
polas restricións do covid, o fluxo de viandantes
por esta rúa semipeonil redúcese de maneira drástica. A billa de clientes dos locais da hostalaría do parque de San Lázaro e da zona histórica cérrase e, iso deixase sentir tamén nos negocios do pequeno comercio. “Nótase moito a última hora da tarde. As rúas de Ourense quédanse case baleiras”, explica Susana Ocampo, propietaria de Mariacastaña, un negocio de moda na rúa Santo Domingo.
A presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, indicou: “Ás seis da tarde a cidade apágase. O peche tan temperán da hostalaría nótase moito, porque é un incentivo a saír a rúa. Ademais, co volume de contaxios que temos actualmente, o consumidor ten moito medo e nos vémonos nunha situación moi delicada”.
Neste escenario, o sector do comercio segue tirando dos ERTE para tratar de evitar o peche de negocios que, segundo os vaticinios que manexa a Federación de Comercio de Ourense, chegarán máis pronto que tarde. “É alarmante o volume de negocios que vai pechar ou vai despedir persoal. En Galicia, as previsións apuntan a un de cada catro. O que está claro é que non é suficiente volume de traballo para todo o persoal. No comercio nótase moito feito de que non haxa cerimonias nin celebracións.Tamén temos que pensar que en Ourense hai case 4000 persoas en ERTE cobrando menos e sen marxe para ir de compras”, indica Beatriz Gómez.
Ana María Cid Borrajo. 4o ESO A. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|