Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As aulas galegas terminan a semana con nova marca de positivos despois doutro centenar de casos: 2.754
As aulas galegas despiden a semana con nova marca de casos de coronavirus despois de sumar outro centenar de positivos nas últimas horas. Segundo as cifras ofrecidas polas autoridades sanitarias, hai agora 2.754 casos, 126 máis que o día anterior, que manteñen pechadas 135 unidades educativas (+21). Así figura no balance ofrecido a Administración autonómica este sábado, que informa da reapertura da unitaria de Crecente, co que descende a cinco o número de centros pechados na súa totalidade por casos de coronavirus. Deste xeito, continúan en corentena a unitaria de Forcarei, o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Riós (Ourense), Pequenecos de Cuntis, a E.I. municipal de Viveiro (Lugo) e á Unitaria da Pobra de Trives (Ourense).

Unha xornada máis o sistema educativo galego volve tocar teito en número de casos de coronavirus con 2.754 e 135 aulas pechadas. A Coruña mantense como a área máis afectada aínda que o centro con maior número de casos está na provincia de Ourense, o IES de Allariz con 25 positivos. Os centros da Coruña teñen 724 (+34) positivos e polo menos 29 (+2) unidades clausuradas. O maior punto de incidencia do distrito mantense no IES Manuel Murguía de Arteixo con 23 casos, aínda que tamén contan cun importante número de casos A Obra Grande de Atocha (18) e Liceo A Paz (16), ambos na cidade herculina.

VIGO E SANTIAGO
Nos centros da área de Vigo soben a 557 o cómputo de positivos (+21) que obrigan a manter en corentena 42 aulas (+11). O máis afectado é o IES San Paio de Tui con 15 positivos. En Santiago, a comunidade educativa conta con 429 casos de covid-19 (+2) e, polo menos, 17 unidades pechadas (+2). O IES Antón Fraguas de Santiago (onde levou a cabo un cribado nos últimos días) presenta o maior número de casos da zona con 13.

Na área de Ourense, que suma 307 (+14) casos, 11 aulas pechadas (sen cambios) e 2 gardarías en corentena (sen cambios), atópase o centro con máis casos de toda Galicia: o IES de Allariz, onde soben a 25 (+1) os positivos en coronavirus.

PONTEVEDRA, LUGO E FERROL
A área de Pontevedra conta con 300 caso (+20), así como 18 aulas en corentena (+5) e dúas escolas infantís pechadas (sen cambios). Destacan dous centros do municipio de Poio que contabilizan 15 casos cada un --o CEIP de Viñas e o IES de Poio--. Dentro da área de Lugo son 237 os casos reportados este sábado (+20) e 6 aulas en corentena (+1), ademais dunha gardaría (sen cambios). O IES Río Cabe de Monforte convértese no centro educativo máis afectado da provincia após elevarse a 16 os positivos na súa comunidade. Finalmente, a área de Ferrol mantense como a que menos casos contabiliza con 200 (+15) e 12 aulas pechadas (sen cambios). Unha xornada máis, o CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume ten o maior número de casos con 13.
Iván Abad Álvarez
1° BACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-01-2021 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0