Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TODOS OS CAMBIOS DE JOE BIDEN QUE DESFACEN O LEGADO DE DONALD TRUMP
Suspensión da construción do muro na fronteira con México; volta ao Tratado de París contra o cambio climático; derrogación da prohibición de entrada aos Estados Unidos para cidadáns de once países musulmáns, Venezuela e Corea do Norte; regreso á Organización Mundial da Saúde (OMS); obrigatorio levar máscaras en edificios e terreos propiedade do Estado federal ... son algunhas das quince ordes executivas asinadas por Joe Biden na súa primeira tarde na Casa Branca. Ademais, tamén hai un proxecto de lei que será presentado hoxe no Senado polo senador Bob Menéndez, para iniciar o proceso de regularización dos máis de dez millóns de inmigrantes sen papeis dos Estados Unidos.
Con estas iniciativas, o novo presidente dos Estados Unidos desmonta en gran parte o legado do seu antecesor, Donald Trump, que, á súa vez, impuxera esas medidas mediante ordes executivas ou accións administrativas. Esa é a clave deste tipo de actos: non son leis, polo que o presidente pode aprobalos literalmente cun golpe de pluma; pero, pola mesma razón, o seu sucesor só pode borralos coa súa sinatura.

Lucía Suárez
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-01-2021 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0