Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia, camiño dos 20.000 casos e o milleiro de ingresados pola Covid
Galicia suma este sábado, 23 de xaneiro, case 1.900 contaxios detectados e 35 hospitalizados máis nunha nova xornada de máximos desde o inicio da crise sanitaria en que a taxa de positividade das probas PCR realizadasvolveu estar por encima do 12%, sete puntos máis do que estabelece a OMS para dar por controlada a pandemia.

Así, Galicia continúa en camiño de alcanzar os 20.000 casos activos de se manter a tendencia dos últimos días, en que se produciron incrementos diarios de en torno ao milleiro. Tamén segue en rumbo de pasar dos 1.000 hospitalizados, pois os datos deste sábado reflicten unha nova suba que deixa o total de pacientes Covid-19 en Galicia nos 967, 142 deles na UCI.

Isto supón que o número de ingresados subiu en 35 en 24 horas, mentres que hai cinco pacientes máis que precisan coidados intensivos dos que había o día anterior. Con isto, a ocupación en UCI dobrouse a respecto das cifras do comezo da pasada semana.


Sabela Alonso Crespo
1ºA BAC
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-01-2021 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0