Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Once días por amais dos mil positivos diarios de coronavirus en Galicia
Outro día máis, e con este cúmprense once, por amais dos mil contaxios diarios de coronavirus en Galicia. A comunidade bateu de novo a súa propia marca e nas últimas 24 horas incorporáronse ao balance 1.889 positivos novos. A cifra de pacientes con infección activa superou xa a barreira dos 18.000 (en concreto son 18.286 casos, 1.161 máis).
A área sanitaria con maior incidencia é a da Coruña, preto xa de exceder as 5.000 persoas enfermas (4.826), seguida de Vigo (3.349) e Santiago, a piques de pasar a barreira dos 3.000 enfermos (2.947). Segundo os datos do Sergas, todas as áreas sanitarias están por amais dos cen casos novos diarios.


As peores cifras danse na área da Coruña, onde se confirmaron por PCR 433 casos ata as 18 horas do venres, mentres que Vigo se sitúa nos 299 novos positivos e Ourense nos 179. En Santiago confirmáronse 172 novos contaxios e en Lugo 170. Pontevedra e Ferrol tiveron, respectivamente, 124 e 138 novos casos.
A positividad das PCR (a capacidade diagnóstica mantense nas 12.000 diarias, aproximadamente) tamén supera o limiar de indicador de alto risco, fixado nun 10 %. Ata as 18 horas do venres, o 12,5 % das probas realizadas guindaran resultado positivo. Todas as áreas sanitarias están por amais da barreira do 5 % que marca a OMS para ter un brote baixo control e por amais do 10 % están Vigo (15,8 %), Ferrol (15,4 %), A Coruña (15,2 %), Lugo (11,8 %) e Santiago (11 %). Tanto Pontevedra como Ourense superan o 8 % de positividad das PCR.


Máis preocupante é se cabe o balance de hospitalizacións, que volve incrementarse ata as 967 persoas ingresadas (35 máis) e a taxa de hospitalización mantense na pinza do 5 %. A presión asistencial segue escalando cara ao pico da primeira onda. Hai cinco pacientes máis en coidados críticos, un total de 142 nas ucis galegas, a maioría na área da Coruña,con 264 persoas ingresadas, 38 delas na uci. Vigo ten 148 pacientes que requiren coidados hospitalarios (22 en críticos) mentres que en Santiago a cifra de ingresados en coidados intensivos é de 27. É a primeira vez en dez días que o número de ingresados na área compostelá descende con respecto á xornada anterior, tanto en camas convencionais como en críticos.


Este venres morreu outras 15 persoas por covid-19, co que desde o inicio da pandemia xa son 1.599 as vítimas mortais, entre elas un paciente de 46 anos sen patoloxías previas. Nos últimos cinco días notificáronse máis de dez mortes diarias a causa do covid-19. Desde principios de ano morreu 199 persoas.

Bruno Antonio Ortiz López - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-01-2021 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0