Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A falta de xiringas adecuadas e o recorte de viarios de Pfizer auguran outra freada na inmunización
A falta nalgunhas comunidades de xiringas apropiadas para aproveitar ao máximo os viarios de BioNTech/Pfizer, e a intención da compaña de contar cada bote polas seis dose que se lle poden sacar e non polas cinco para as que inicialmente foron concibidos, augura outra freada da inmunización contra o covid en España.
A Axencia Española do Medicamento recomendou en xuño facer provisión dos tipos de xiringas adecuadas para a administración desta vacina, pero algunhas comunidades —Andalucía e Madrid polo menos segundo algúns medios— non compraron ou non recibiron as suficientes, polo que poderían estar a perder de aproveitar miles de doses. Por se fose pouco, o pasado día 8 a Axencia Europea do Medicamento validó que de cada frasco se saquen seis dose en lugar de cinco e o que ata agora era un extra a farmacéutica podería convertelo en norma, porque asinou os contratos por doses e non por viarias.
O problema radica que para obter as seis —e non en todos os casos segundo a Sociedade Española de Vacunología— fan falta xiringas de baixo volume morto. Isto é que o émbolo introdúcese na agulla e aproveita practicamente ata a última pinga. Polo momento, segundo asegurou onte o secretario de Estado de Saúde Dixital, Alfredo González, o recorte de Pfizer non é tal. O luns vai enviar 70.935 viarios, dos que saen unhas 351.000 doses (422.000 se de cada frasco se obtén seis), que son apenas 9.000 menos que as habituais.

María Laforga Pérez - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-01-2021 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0