Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Joe Biden, tras xurar como presidente de Estados Unidos: «A democracia venceu».
O demócrata Joe Biden foi investido hoxe como o cuadraxésimo sexto presidente de Estados Unidos nunha cerimonia con pompa pero sen multitudes celebrada na chaira do Mall de Washington, rodeada por un despregamento de forzas de seguridade sen precedentes. Biden lanzou unha mensaxe de unidade e esperanza durante o seu primeiro discurso como presidente. Ao acto asistiron a maioría dos integrantes do Congreso, os maxistrados do Tribunal Supremo e os expresidentes Barack Obama, George W. Bush e Bill Clinton. O presidente saínte, Donald Trump, e a súa esposa Melania, que abandonaron a Casa Blanca rumbo a Florida, non estiveron presentes na cerimonia.
O demócrata Joe Biden asinou este mércores nun acto no Capitolio os primeiros documentos como presidente de Estados Unidos, nun acto que transcorreu pouco despois de que fose investido con 46-º mandatarios do país.
Nunha cerimonia na Sala do Presidente no Capitolio, Biden estampou a súa rúbrica na Proclamación do Día de Investidura, os Nomeamentos a Postos no Gabinete e Nomeamentos a Postos de subGabinete.
Máis tarde, baixo a cúpula do Capitolio, que fai tan só dúas semanas foi un espazo ocupado por centos de seguidores radicais do xa expresidente Donald Trump, Biden e a súa vicepresidenta, Kamala Harris, recibiron agasallos por parte dos dirixentes do Congreso, como fotografías da súa investidura este mércores e as bandeiras que ondearon na sede do Congreso.

Paula Rey-Stolle González, nº 20
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-01-2021 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0