Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Comer na terraza: «Tes que andar de aquí cara alá para atopar un sitio» |
|
«É unha putada». Se houbese un ránking de respostas á pregunta ¿como leva o de ter que comer nas terrazas? esta levaría a palma. Con máis da metade de restaurantes pechados na capital, e destes boa parte sen terraza e só con servizo de domicilio, comer fóra de casa converteuse nunha carreira de obstáculos. As novas restricións comezaron o pasado venres e este luns os traballadores que por motivos laborais tiveron que comer fóra de casa tiveron que buscar alternativas. Para a maioría, o máis incómodo é comer con frío e ante a mirada do resto dos paseantes. Outros decidiron, sen máis, comer nas oficinas ou nalgunha esquina dunha obra, a resgardo.
«Por motivos de traballo teño que comer practicamente todos os días fóra. Esta situación é rarísima. Non queda outra, fai frío pero polo menos aínda non chove», afirma Alberto López Pastoriza, que leva 15 días traballando nunha obra da capital e pertence a unha empresa da Coruña. Come nunha cafetería no centro da capital: «Non podes facer outra cousa, é isto ou comer na obra», afirma. Tampouco lles colle por sorpresa, xa que non é a primeira vez desde que se iniciou a pandemia que ten que facer encaixe de palillos. «Tes que andar de aquí cara alá buscando un sitio no que comer, para non facelo na obra. Antes, polo menos, comiamos calentitos. Pero bo, hai que comprendelo co que está a pasar, ser solidarios. E polo menos non chove, menos mal», engade. «Xa ves como estamos, que queres que che diga. Claro que esta situación non é a ideal, a ninguén lle gusta comer fóra sobre todo co frío que fai, pero non queda outra», afirma un traballador que elixiu, xunto a un compañeiro, un restaurante da N-120 para xantar. E os propietarios dos locais abertos e con terraza créense afortunados. «Está claro que non é como antes, pero nós polo menos podemos seguir dando un servizo aos nosos clientes e imos soportando o temporal», sinala o responsable dun local no Pino.
Paula Vázquez 2ºB nº17 |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|