Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Marca de contaxios desde o inicio da pandemia

Entre as 18 horas do xoves e as do venres hai 914 novos positivos. A cifra de casos activos roza xa os 7.400 e a taxa de positividad das PCR é do 8,5 %

Marca de contaxios nun día desde o inicio da pandemia. Entre as 18 horas do xoves e as 18 horas do venres houbo 914 novos positivos. Deles 798 confirmáronse por PCR. A escalada é importante, porque nos últimos tres días o número de contaxios diarios estaba por amais dos 650, pero nunca superara a barreira dos 700. A comunidade regresa deste xeito á situación previa á implantación do modelo duro de restricións a principios de novembro, cando se estaba producindo ao redor de 700 contaxios diarios.


A de novos casos é a cifra que se deteriorou con maior rapidez, pero non é a única, xa que o número de persoas con infección activa na comunidade volve aumentar de xeito importante. Hai 503 persoas enfermás máis, ata as 7.392. Un de cada catro casos activos está nas áreas da Coruña e Santiago, que seguen tendo unha tendencia crecente na transmisión. Hai 1.696 persoas enfermas na área sanitaria coruñesa e 1.650 na compostelá. Ambas rexistraron en 24 horas da orde de 170 positivos novos por PCR, segundo os datos proporcionados polo Sergas. Vigo, aínda que cunha evolución mellor, sitúase por amais dos 200 contaxios diarios. Hai neste momento 1.330 persoas pasando o covid-19.


Alejandro Fernández Blanco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2021 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0