Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Centos de persoas maniféstanse en Lima contra a impunidade policial |
|
Centos de peruanos marcharon contra a impunidade policial este sábado no centro de Lima para protestar polas 166 mortes sen resposta ocorridas en protestas cidadás nos últimos 17 anos. Os familiares dos manifestantes que faleceron ou resultaron feridos o pasado novembro na represión policial das mobilizacións que fixeron caer ao entón presidente, Manuel Merino, formaron unha asociación para buscar xustiza #ante o risco de impunidade. Tanto a investigación da fiscalía como a do Ministerio do Interior, impulsada polo presidente de transición Francisco Sagasti ao asumir o cargo, están estancadas.
A cifra de 166 cidadáns falecidos en actuacións policiais durante protestas sociais desde o Goberno de Alejandro Toledo (2001-2006) é froito do reconto dun organismo da sociedade civil, a Coordinadora Nacional de Dereitos Humanos. Un 90% morreron por impacto de proxectís de armas de fogo ou por problemas respiratorios a causa do gas lacrimóxeno. Con todo, ningunha autoridade política nin membros das forzas de seguridade foron identificado como responsables nin sancionados nestes 17 anos. Sete presidentes gobernaron nese período.
Lucia Rodrigues
1º A Bach |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|