Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha viaxe ao sabor da Costa da Morte: percebe do Roncudo |
|
A evocadora toponimia da Costa da Morte ten na Punta do Roncudo un dos seus mellores exemplos: un lugar onde o mar bate con tanta forza que o seu rouco son lle dá nome ao lugar. Xusto nese punto de abrupta paisaxe, dominada pola afiada rocha dos cantís e o océano Atlántico, é onde nace o mellor percebe do mundo.
Ao igual que acontece con outros puntos da comarca, o Roncudo é un lugar complicado para as persoas que traballan no mar: incontables naufraxios e accidentes teñen marcado este punto nas cartas marítimas ao longo dos séculos, dando máis valor se cabe aos produtos que se obteñen desta localización do litoral coruñés.
A Costa da Morte sabe a mar e, dentro da ampla variedade de mariscos de calidade que ofrece a gastronomía da comarca, o percebe do Roncudo é o seu máximo expoñente.
O seu gusto lembra ao bravo océano e á sensación de humidade e salitre que se percibe nas vilas mariñeiras que salpican o litoral desta comarca.
Pola zona existen diversos establecementos nos que descubrir as especialidades locais, que tamén son protagonistas das súas respectivas festas de exaltación. No caso do percebe do Roncudo, a súa celebración ten lugar no mes de xullo.
Xusto enriba da praia da Arnela atópase o restaurante Miramar, onde se poden degustar algúns dos froitos do esforzo das xentes que viven da pesca e o marisqueo.
O produto local destaca pola intensidade do seu sabor, a súa fisionomía ancha e maciza e a viveza das súas cores. Estes singulares atributos veñen dados polas condicións do mar no Roncudo: ao estar situado na boca da ría, onde o mar bate con forza, os exemplares desenvolven unha gran musculatura para adherirse á rocha. Moitos son os que se achegan ata Corme para visitar o Roncudo e degustar o seu produto estrela.
Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|