Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta pechará a hostalaría a partir das 18.00 horas en Santiago, A Coruña e Ourense
A actividade da hostalaría queda limitada en Santiago, A Coruña e Ourense ata
as 18,00 horas, pero no caso da capital galega --que ve ampliado o seu peche
perimetral aos municipios de Teo e Ames-- só poderán abrir as terrazas.
En concreto, Santiago pasa ao nivel máximo de restricións, de forma que
unicamente poderase servir en terrazas con grupos dun máximo de catro
persoas. Pola súa banda, nos casos da Coruña e Ourense, a actividade
reducirase ao 30% en interiores e ao 50% no exterior, tamén con máximos de
catro persoas.
Así o anunciou este venres o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,
que detallou que o obxectivo é que as medidas entren en vigor na medianoite
entre este venres e sábado, aínda que dependerá de cuestións técnicas.
Unhas medidas que xa foron adiantadas na mañá deste venres por Alberto
Núñez Feijóo.
Iván Abad Álvarez
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-01-2021 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0