Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sobre a riqueza dos ríos galegos
Presas, encoros e ríos ocupan unha parte importante do territorio galego. Ao
seu carón emerxeu un vizoso patrimonio que forma parte do imaxinario cotián,
non sempre ben recoñecido. Sobre ese patrimonio cultural formado por
muíños, lavadoiros, batalláns e demais exemplos deste tipo de bens afonda a
última publicación do Consello da Cultura Galega (CCG): A posta en valor do
patrimonio cultural dos ríos: Galicia e outros exemplos. A publicación está
coordinada por Carlos Nárdiz xa se pode descargar desde o web da institución.
A publicación recolle unha serie de relatorios que ofrecen unha nova ollada
sobre o territorio a partir de diferentes experiencias relacionadas cos espazos
naturais e a súa conexión por corredores fluviais e infraestruturas verdes. O
texto divídese en dúas partes.
A primeira céntrase no patrimonio cultural e na paisaxe dos ríos. Diferentes
artigos achéganse ao caso de experiencias de explotación e xestión patrimonial
das ribeiras dos ríos Texo en Estremadura, Tyne en Newcastle e mais o caso
da zona de Segovia e Valladolid. A segunda parte pretende pór en valor o
patrimonio cultural dos ríos da Galiza.

Ricardo Tornero Belloso - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-01-2021 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0