Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cada minuto sen vacinar págase con vidas humanas.
Cada día son máis alarmantes os datos da elevadísima mortalidade, sufrimento social e devastadora crise económica, provocadas pola pandemia do covid-19. O 6 de xaneiro houbo no mundo 781.000 casos, 96.000 máis que un día antes e 14.600 mortos; o día 5 detectáronse en España 23.700 casos, 9.600 máis que unha semana atrás, e 353 mortos, 33 máis que o día 4.
As vacinas que por fin chegaron foi a noticia máis esperada porque só con elas poderemos vencer a pandemia, do que se desprende que a campaña de vacinación deberá realizarse con exquisito rigor e a máxima dilixencia. Ata o día 5 administráronse en España 139.400 vacinas. Por porcentaxe de poboación as comunidades autónomas que máis vacinaron foron Asturias, Canarias, Ceuta e Galicia e as que menos Cantabria, Madrid, Murcia e Baleares.
Os epidemiólogos saben e os cidadáns en xeral aprenderon que cada persoa que se contaxia convértese en posible transmisor da enfermidade, incrementándose de forma incesante o número de transmisores asintomáticos, enfermos con síntomas, sobrecarga do sistema sanitario e número de mortes. «Na pandemia de gripe de 1918, na que non dispuxeron de vacinas para previla nin de antibióticos para tratar a sobreinfección por pneumonía, morreron máis de 50.000.000 de habitantes de todo o planeta, cesando a mesma unha vez que se conseguiu a inmunidade de grupo que se produce cando se ha inmunizado entre o 65 e o 70 por cento da poboación («Por que as vacinas». https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2020/12/14/vacunas/0003_202012g14p12994.htm). Só as vacinas pódennos salvar porque inducen inmunidade no 90-95 por cento dos vacinados. O vacinado contribúe -xunto ás persoas que enfermaron- a alcanzar a tan ansiada inmunidade de grupo co que se poría fin á pandemia polo que debemos considerar a vacinación un deber ético.
É imperioso polo tanto que os políticos e as autoridades sanitarias organicen a campaña de vacinación tendo en conta que na actual urxencia resulta imperioso vacinar á poboación diana no menor prazo de tempo posible, o que redundaría paulatinamente na diminución do número de transmisores, ingresos hospitalarios e número de mortos. Os responsables da organización da campaña saben que esta tarefa non é fácil, que os recursos son limitados e que o tempo aprema. Partindo da base de que se disporá de vacinas suficientes en tempo real, deberá de terse en conta que nin vacacións, nin sábados, nin domingos nin calquera outro festivo deberán ser motivo para non vacinar. Os sanitarios en activo, médicos, persoal de enfermería e auxiliares sanitarios de todo tipo, xa deron todo o que humanamente se pode dar: enfermaron por causa do covid 30.660, precisaron hospitalización 3.275; 249 ingresaron en UCI e 35 morreron, segundo o Instituto de Saúde Carlos III.
A situación da pandemia é de tal gravidade que a campaña de vacinación deberá realizarse no menor tempo posible. Non debe ser escusa suspender a vacinación os sábados, domingos, festivos ou outros motivos evitables como pode ser o impedimento puntual dos profesionais. Médicos e persoal de enfermería xubilados en óptimo estado de saúde poden cumprir unha tarefa extraordinaria apoiando a médicos e enfermeiras en activo que se deixaron a pel na asistencia aos enfermos causados polo covid-19. Propoño sexa considerada esta proposta polo Servizo Galego de Saúde e polos colexios médicos.

Pablo Estévez Taboada - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-01-2021 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0