Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Varios cidadáns reteñen a un ladrón que acababa de roubar nunha tenda

O sospeitoso levou a rexistradora do negocio, pero interceptárono os veciños

A colaboración cidadá foi clave para deter, na mañá do pasado 5 de xaneiro, a un delincuente que entrara a roubar nunha tenda de alimentación do barrio do Couto da capital ourensá.
Segundo informaron este venres desde a comisaría provincial de Policía de Ourense, o incidente tivo lugar ao redor das dez da mañá da véspera do día de Reis. Un sospeitoso entrou nun establecemento comercial da cidade e, tras ameazar á traballadora cun obxecto metálico, ordenoulle que lle entregase o diñeiro da caixa rexistradora. A muller negouse a darlla o que propiciou que o ladrón se abalanzase entón sobre ela, agarrándoa pola pechera e iniciándose un forcexo entre ambos que finalizou sen que a vítima terminase ferida, aínda que non puido finalmente evitar que o descoñecido se saíse coa súa.
Ou iso cría el, xa que saíu a fume de carozo do local levándose consigo a caixa rexistradora, pero non lograría fuxir moi lonxe xa que a súa fuga foi desactivada.
E é que varias persoas que se atopaban nos arredores do establecemento, decatáronse do que ocorrera dentro e fóronse correndo detrás do sospeitoso, a quen lograron dar alcance. E así, mentres uns retíñanos outros avisaron á Policía, que minutos despois trasladaba á zona a unha unidade, cuxos axentes detiveron ao sospeitoso e trasladárono a dependencias da comisaría provincial. Outros axentes do corpo acudiron ao negocio no que ocorreran os feitos para tomarlle declaración á traballadora, quen relatou que o delincuente empregara a forza con ela para intentar lograr o diñeiro.
O detido é un home de 57 anos e natural de Mieres, Asturias, ao que lle constan trece detencións anteriores. Por estes feitos, dos que xa se deu traslado ao xulgado de garda, impútaselle un delito de roubo con violencia e intimidación.

Martín Lage Fernández Nº 15 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-01-2021 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0