Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Irán enriquecerá uranio ao 20 %, un nivel moi superior ao pactado en Viena

Os iranianos seguen dando pasos que lles afastan do acordo nuclear asinado no 2015 e anuncian a súa intención de enriquecer uranio ao 20 %, un nivel moi superior ao 3,67% pactado en Viena. A república islámica informou os seus plans á Axencia Internacional da Enerxía Atómica, cuxos inspectores traballan no país e terán acceso á planta de Fordo na que «o máis pronto posible» levará a cabo esta operación. Este anuncio produciuse durante os actos de conmemoración do primeiro aniversario do asasinato do xeneral Qassem Suleimani, marcados polas promesas de vinganza por parte das autoridades iranianas, as manifestacións en Iraq pedindo a retirada das tropas de Estados Unidos e o envío de dous bombardeiros B52 á zona por orde do Pentágono.
O grao de enriquecemento segue afastado do 90 % necesario para elaborar armas, pero cando se produciu hai unha década xa acendeu todas as alarmas e estivo a piques de provocar un ataque de Israel. Só o acordo asinado no 2015 co 5+1, grupo formado por EE.UU., Rusia, China , Francia, Reino Unido e Alemaña, logrou acougar a situación grazas ao compromiso iraniano de limitar o enriquecemento ao 3,67.
Irán cumpriu o pactado, pero Trump retirouse do acordo no 2018 e retomou as sancións. A resposta de Teherán foi anunciar pasos que lle afastan do texto orixinal, pero insisten en que volverán ao pacto cando se levanten os castigos de EE.UU. A chegada de Joe Biden e o seu plan de resucitar o acordo son claves para que Irán volva respectar os límites fixados.

Paula Rey-Stolle González, nº 20
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-01-2021 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0