Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O pobo galego con máis espírito do Nadal
A pequena parroquia de Loiro, en Barbadás, non chega aos 150 habitantes. Poida que por iso, porque son poucos, os veciños do lugar forman unha gran familia, na que comparten os momentos máis complicados e tamén os máis bonitos. Despois dun ano de pandemia, cargado de distancias e tristezas, á asociación Loiro na Memoria ocorréuselle que o Nadal era a ocasión perfecta para encher de luz e de alegría as zonas comúns do seu pobo. «Despois do covid e de todo o que supuxo, cremos que era o momento de animarnos e alegrarnos», afirma Manuel Fernández, promotor da idea e presidente da asociación. Puxéronse ao choio en outubro, máis dunha vintena de veciños participaron na construción de árbores do Nadal feitos con listóns de madeira e dun trineo tamén de materiais reciclados, entre outros detalles. As semanas nas que as restricións eran máis duras, sen mobilidade entre municipios e sen poder quedar con non convivientes, o grupo organizouse para seguir ao choio desde casa. Tardes e fins de semana dedicadas a cortar, dar forma e pintar cada un dos detalles que conforman a súa decoración made in Loiro para este Nadal covid. «Creo que este tipo de iniciativas unen á xente e o resultado provoca alegría en todo o pobo. Foi moi bonito poder compartir momentos e moi divertido converternos en carpinteiros e en pequenos artistas durante unhas semanas», chancea Manuel.

Paula Vázquez 2ºB nº17
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0