Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis de 12.000 barcos como o buque nuclear ruso pasan cada ano fronte ás costas galegas
Se nada o impide —un cambio de rumbo inesperado ou unha parada porque a avaría que ten faille imposible navegar— o buque nuclear ruso que sufriu un problema nunha das pas da súa hélice pasará a semana que vén fronte ás costas galegas. Este xoves, o Sevmorput tivo que deter en augas canarias a súa travesía cara a San Petersburgo para que Salvamento Marítimo rescatase ao capitán, Farid Gabbasov, que sofre unha meninxite, segundo a primeira análise médica.

Unha vez que a máxima autoridade do barco estaba en terra, o cargueiro, o único do mundo que usa enerxía nuclear para a súa propulsión e que ten máis de 30 anos de antigüidade, enfilou a súa travesía ao norte pola costa de Marrocos. Despois, tocaralle a quenda á de Portugal e a semana que vén, se se cumpren as previsións, pasará fronte ás costas galegas.

Non é o único buque con mercadorías perigosas que o fará. Só o pasado ano, un total de 12.313 barcos con material de risco, na súa maioría hidrocarburos como o Prestige, transitaron polas augas galegas. É dicir, unha media de 33 cada día, ou un de cada tres de todas as grandes embarcacións (35.520) que dobraron por Finisterre, segundo os datos de Salvamento Marítimo.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0