Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Celta instálase no triunfo

O Celta prolonga o seu estado de euforia e seis anos despois volve encadear catro triunfos consecutivos en liga ao superar ao Alavés con dous goles de Brais Méndez, que oficiou de nove mentireiro no primeiro tempo. Os celestes foron un vendaval no acto inicial e sufriron no segundo, pero cando peor o pasaban chegou o segundo tanto de Brais, que o primeiro acto había anotado de cabeza. O primeiro tempo xogouse ao esprint. O Alavés saíu enchufado e buscou o xogo aéreo de Joselu para intimidar, aínda que foron dúas imprecisións de Tapia a que puxeron o corazón celeste nun puño. Coincidiu esa onda vitoriana coa fase de asentamento dun Celta que fixo números para adaptarse a un debuxo que colocaba a Tapia entre centrais case sempre, a Denis como mediocentro organizador, a Brais como falso nove para liberar a Aspas e con Beltrán, a novidade no once ademais de Murillo, en banda. Os movementos non cambiaron o apetito ofensivo celeste, que en modo avión coleccionou oportunidades no primeiro tempo a medida que o Alavés minguaba pero só Brais, o nove mentireiro, acertou ante Pacheco. De cabeza e despois dun extraordinario centro de Olaza. Non houbo máis goles celestes no primeiro tempo porque Aspas foi demasiado xeneroso nun un contra un con Pacheco, porque a Nolito bloqueáronlle un disparo a pelacorpo e porque o sanluqueño non puido co meta rival nun man a man. Un monólogo baixo a batuta dun imperial Denis, con Tapia varréndoo todo e coas bandas convertidas en puñales. E cun sistema defensivo que aos poucos foi diluíndo á armada galega do rival. O Celta non matou o partido no primeiro tempo e sufriu no segundo, aínda que comezou cunha ocasión de Brais en forma de contra. Os vigueses situáronse nun 4-1-4-1 co mosense en banda e Aspas en punta, pero o Alavés subiu a presión e adiantou aos laterais o que comezou a complicar aos vigueses, especialmente co xogo aéreo. Joselu enviou o primeiro aviso ao que respondeu Rubén cunha gran parada. A medida que caían os minutos os vitorianos tiñan máis balón, gañaban todas as disputan e encerraban ao Celta , que xa xogaba con tres centrais e dous pivotes, na súa área, pero cando peor pintaba o panorama os vigueses atoparon unha contra con Olaza para que Aspas se vestise de novo de asistente e Brais, que xa non era nove mentireiro, marcase o segundo de socato.
Raquel González Castro
2 Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0