Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A policía local das sete cidades pon máis de 54 multas covid cada día:

A de Ourense, a máis activa, sanciona máis do triplo que a de Pontevedra.
Un veciño de Ourense e outro de Pontevedra que cumpran escrupulosamente as normas ditadas para frear o avance da pandemia, desde o uso da máscara ao respecto ao toque de queda, teñen as mesmas posibilidades de ser sancionados pola policía local: ningunha. Agora ben, se son dos que se toman as normas con lixeireza e cúmprenas cando lles vén ben, o ourensán ten tres veces máis posibilidades de que lle multen que o pontevedrés. Iso é o que se desprende da cifra de denuncias acumuladas polas policías locais das sete principais cidades de Galicia durante o vixente estado de alarma.

Entre o 25 de outubro e o 14 de decembro, os axentes da policía local das sete cidades impuxeron 2.671 multas, é dicir, 54,5 aodía . A este volume habería que engadir as que impón a Policía Autonómica, a un ritmo dunhas 17 ao día, máis as que corren a cargo da Garda Civil ou a Policía Nacional. Nese sentido, só relacionadas coa vulneración do peche perimetral, foron 645 as sancións impostas: 87 na provincia da Coruña, 200 na de Lugo, 312 en Ourense e 46 en Pontevedra. Así,a actividade sancionadora diaria en Galicia estaría a roldar a media do centenar de denuncias.

Con respecto aos datos da policía local, a que ten unha maior actividade á hora de multar é a de Ourense, que impuxo durante o vixente estado de alarma 495 sancións ata o día 14. Iso supón unha multa cada 212 habitantes, moito máis que calquera outra cidade en Galicia. Séguelle nese celo sancionador, a policía municipal de Santiago, con 273 multas e un cociente dunha por cada 356 habitantes. Estas son as cifras sobre as que se moven a maior parte das cidades galegas. Así, a policía local de Lugo suma 272 sancións (una cada 361 habitantes); a de Ferrol 182 multas (una cada 363 veciños) e A Coruña (641 sancións, unha cada 383 veciños). A partir de aquí, a cociente descende substancialmente ata chegar a Vigo, onde foron impostas polo seu policía local 695 multas, unha cada 424 habitantes e, sobre todo, Pontevedra, onde só se tramitaron neste período de tempo 113 multas, o que supón unha por cada 734 veciños.

As diferenzas son rechamantes, pero cabe subliñar que os dous corpos de policía que mostraron unha maior intensidade na súa capacidade sancionadora, Ourense e Santiago, son tamén as que controlan dúas das cidades máis castigadas polo covid e onde, polo tanto, maiores e máis duras restricións deberon soportar os seus habitantes.

Noa Varela Varela
2ºB / nº16

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0