Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Italia suma 352 mortos por Covid no último domingo antes do peche do Nadal
Italia anunciou 352 mortos por coronavirus nas últimas vinte e catro horas, o menor aumento nun mes e medio, e rexistrou 15.104 novos contagios, segundo informou este domingo o Ministerio de Sanidade, no último domingo antes do confinamento de Nadal.

Os 352 novos falecidos seguen aos 331 do pasado día 8 de novembro, e aumentan a 68.799 o número de persoas que perderon a vida polo virus desde que se desatase a pandemia no país, a mediados do pasado mes de febreiro.

Os 15.104 novos contaxiados é tamén a cifra máis baixa do últimos cinco días, aínda que se realizaron moitas menos probas do habitual, un total de 137.420 desde onte sábado.

Por iso a taxa de positivos sobre o total de test sitúase no 11 %, un aumento respecto ao 9,2 % do día precedente.

Doutra banda, segue caendo a presión nos hospitais: das 622.760 persoas que actualmente teñen a COVID-19, a gran maioría atópase illadas nos seus domicilios con síntomas leves ou sen eles, mentres que 27.901 están ingresadas, 249 menos que onte.

Así mesmo 2.743 pacientes requiren coidados intensivos, o que implica unha redución de 41 persoas no último día.


Luís Manuel Fernández Carrasco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0