Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Centos de propostas de compras e agasallos de Nadal en galego

A Mesa distribuirá de modo gratuíto o extenso catálogo por todo o país e xa
está dispoñíbel tamén na web da entidade.Libros, discos, cadernos e
elementos decorativos, xogos, roupa, complementos, experiencias, alimentos...
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de lanzar a través da súa páxina
web un catálogo -que tamén se repartirá impreso, de modo gratuíto, nas tendas
de Abertos ao Galego de todo o país- con centos de propostas de compras e
agasallos de Nadal en galego.
"Consideramos importante recoñecer as empresas que empregan con
normalidade o galego no ámbito socioeconómico", afirma o presidente da
Mesa, Marcos Maceira, e recorda que "coa decisión de facermos presentes en
galego como consumidoras e consumidores estamos a pór en valor a nosa
lingua, a nosa cultura e tamén a nosa economía".
O catálogo forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o
compromiso coa normalización do galego de empresas, comercios, asociacións
e entidades de toda índole.


Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0