Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BNG doa 430 euros á residencia xeriátrica de Celanova
Son as dietas polos plenos aos que asistiu o seu concelleiro desde o inicio da pandemia.
O concelleiro do BNG no Concello de Celanova, Leopoldo Rodríguez Puga, formalizou o ingreso de 430 euros na conta da residencia xeriátrica San Carlos de Celanova. Esta doazón das dietas recibidas pola asistencia a plenos desde o inicio da pandemia foi acordada pola asemblea local da formación nacionalista.
Ademais desta doazón puntual, o BNG vén propugnando nos últimos meses por unha «solución desde ou público para a residencia».A formación lembra, nun comunicado aos medios, que o padroado da residencia rexistrou un escrito no que solicitaba unha subvención de 72.000 euros para cubrir gastos derivados da pandemia. Segundo o BNG, o feito de que o padroado decidise atrasar a apertura deste órgano de dirección da residencia a máis representantes políticos e das familias dos residentes, non significa que o Concello non poida abonar xa a subvención requirida. O BNG afirma que volverá insistir en que se designen representantes municipais para o padroado e que se acorde esa subvención municipal ao centro.

Valeria Labandeira Reimondez
1 BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0