Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta recomenda limitar as celebracións a unha única unidade familiar e non exceder as seis persoas

O plan proposto polo comité clínico da Xunta de Galicia inclúe unha serie de recomendacións como a de celebrar as reunións do Nadal unicamente con conviventes. "Como máximo" indicen en que se permitirán ata dúas unidades familiares distintas, pero recomendan que o límite se fixe en seis persoas e non variar de unidade familiar entre as celebracións.

O plan de celebración de Nadal deseñado polo comité clínico que asesora á Xunta inclúe como recomendación principal que as celebracións de Nadal se limiten a unha única unidade familiar, e que, no caso de que sexa necesario incorporar a algún membro e se teña que romper por algún motivo, por exemplo, unha persoa maior que viva soa, como máximo haxa dúas unidades familiares.

O límite que se establece é de seis persoas, sen contar neste caso aos menores de dez anos. "É o último Nadal sen vacina, non tiremos pola borda o traballo feito", remarcou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ao comezo da intervención, na que quixo ser moi claro.

Ademais, Comesaña debullou outras recomendacións: reducir as relacións sociais nos días previos ás reunións para evitar contaxios, que a mesa da cea a coloque unha persoa, non compartir bebidas, desinfección de mans, reunións ao aire libre de forma preferente e ventilación con xanelas abertas. Ademais, pediu non facer trampas ao solitario, é dicir, non pasar o 24 e o 25 cunha unidade familiar e o 31 e o 1 con outra, porque iso suporía que se xuntaran varios núcleos de convivencia.

Este mércores tivo lugar unha rolda de prensa posterior ao comité clínico que asesora as decisións da Xunta na pandemia e tras o cal, entre outras decisións, se regresou ao peche perimetral da capital galega e incluír en restricións máximas aos concellos de Baiona, Bueu e Ribeira.






Sabela Alonso Crespo
1ºA BAC
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0