Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“Se non podo curarme e non aguanto a dor, polo menos que poida elixir o meu final”
O valenciano Rafael Botella, tetrapléxico desde hai 16 anos, pediu morrer hai ano e medio. Agora quere vivir sabendo que pode recorrer á eutanasia.

Rafael Botella pediu axuda para morrer hai ano e medio. Non aguantaba seguir vivindo cunha dor insoportable, prostrado na súa cama, cunha tetraplejia causada por un accidente de coche aos 19 anos. Lamentábase de que os “políticos se preocupasen das súas cousas” e non sacasen adiante a anunciada lei de eutanasia. As cámaras disolvéronse e íase a convocar eleccións. Estaba desesperado e chamou a Dereito a Morrer Dignamente ( DMD). A asociación apoioulle e tamén lle aconsellou buscar alternativas para reducir a dor. O valenciano de 35 anos, que deixou o instituto para traballar no negocio familiar da laranxa, accedeu entón a falar con este xornal para contar en primeira persoa o seu testemuño.

“Agora non quero morrerme. Pero a dor está aí e non se que pasará. Por iso é moi importante que se aprobou a lei da eutanasia. Esta non é unha decisión de dicir: ponme dous balóns, unha raqueta e unha de eutanasia. Non, a xente non compra eutanasia así como así. Se non teño a opción de curarme e non aguanto máis a dor, polo menos que poida elixir o meu final, que teña a opción dunha vía de escape digna”, explica cun falar fluído.

Candela Rodriguez
1ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0