Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Descenden os casos activos e a taxa de positividade volve a niveis inferiores ao 5% que marca a OMS

Galicia mantense nos niveis de casos de covid-19 diarios detectados ao longo das últimas xornadas, co número de positivos oscilando entre os 300 e os 400. Con todo, a presión hospitalaria rebáixase este sábado após producirse unha serie de altas que deixan o total de hospitalizados con coronavirus en 337, 27 menos que na xornada anterior.

Así se desprende da actualización de datos da pandemia publicados a primeira deste sábado na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras recollidas até as 18,00 horas do venres. Até ese momento, nas últimas 24 horas diagnosticouse por PCR a un total de 339 persoas, o que supón unha baixada de 28 respecto ao día anterior.

Con estes datos, os casos activos descenden lixeiramente até os 5.633 nunha xornada na que se practicaron 7.000 probas PCR, das que un 4,5% foron positivas, o que devolve a Galicia a niveis inferiores ao 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Iván Abad Álvarez
1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0