Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Inditex acorda cos sindicatos, condicións para os empregados afectados pola absorción de tendas
Inditex chegou a un acordo cos sindicatos para defender o emprego e garantir a re colocación da forza de traballo dentro do proceso de transformación dixital que está a emprender o grupo, o que implica un cambio de modelo no que aposta por tendas máis grandes, con ferramentas tecnolóxicas e a absorción de tendas máis pequenas con menos capacidade para adaptarse a este modelo.
O acordo garante o mantemento para as persoas afectadas do seu tipo de contrato, completo ou parcial, número de horas de traballo, antigüidade recoñecida, redución de xornada por tutela legal e especificación horaria do mesmo.
As opcións para os empregados afectados pola absorción de tendas son: traslado a unha tenda da mesma marca, traslado a unha tenda doutra marca ou traslado a un centro loxístico. En todos os casos, cunha garantía de mantemento das condicións de traballo e nun perímetro de 25 quilómetros da tenda orixinal absorbida.
Finalmente, a opción de extinción da relación laboral para calquera persoa afectada pola absorción da súa tenda, tendo dereito a esta opción durante un ano desde a mesma.
Os sindicatos esperan obter máis beneficios no novo ano 2021.


María Ferreiro- 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0