Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Destinos Starlight en Galicia: xanelas abertas para contemplar o ceo
Vía Láctea desde a lagoa das Tablillas, no Macizo de TrevincaA Fundación Starlight, creou un sistema de certificación, mediante o cal se acreditan aqueles espazos que posúen unha excelente calidade de ceo e que representan un exemplo de protección e conservación.
Son escenarios que incorporan a observación do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural ou científico e fomentan á súa vez o turismo de observación das estrelas.
Os Destinos Turísticos Starlight son lugares visitables que gozan de excelentes calidades para a contemplación dos ceos estrelados e que, ao estar protexidos da contaminación luminosa, son especialmente aptos para desenvolver neles actividades turísticas baseadas nese recurso natural.
En Galicia, na actualidade, existen dous destinos Starlight: O macizo de Trevinca, no municipio ourensán da Veiga, que conta cun flamante observatorio astronómico, e o Parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Silvia Martínez- 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0