Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Este luns sanidade decide se se poderán cruzar os peches perimetrais:

A consellería “traballa” para que se poidan cruzar os perímetros durante as festas, pero apela á espera do comité do luns. Sobre a vacina, Comesaña indica que Galicia está preparada para comezar a inocular as primeiras doses “ao día seguinte” de que cheguen.
O conselleiro de Sanidade, Julio
García Comesaña, asegurou este sábado que o seu departamento “traballa” para que os galegos poidan traspasar os peches perimetrais durante o Nadal para ver os seus familiares, pero apelou a “esperar” ao que analice e decida o luns o comité clínico.
Nas declaracións aos medios de comunicación durante a visita ao novo centro integral de saúde de Lalín (Pontevedra), o conselleiro explicou que, precisamente, pospúxose ao luns a xa tradicional reunión do comité do venres para así “ter algo máis de tempo” e “ver os últimos datos” da pandemia de cara a perfilar o protocolo deste Nadal.
E é que, sobre a situación da pandemia nas cidades, Comesaña asegurou que continúa sendo de “certa prudencia”, tal e como o constatou o máximo órgano asesor da Xunta esta semana: se ben “algunhas manteñen esa estabilidade con certa diminución” dos contaxios, outras “desgraciadamente están subindo” – é o caso de Santiago de Compostela, que o xoves volveu pecharse perimetralmente--.
Sen embargo, a escasos cinco días de Noiteboa, o conselleiro suxeriu que “se unha persoa de Madrid pode vir a Ourense a visitar a un familiar, parece que debemos traballar, tamén na medida do posible, para que alguén de Santiago de Compostela poida ir a Ourense a visitar á súa familia”.
Ana María Cid Borrajo. 4o ESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0