Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Este é o pobo galego con máis espírito do Nadal.
Nadal «made in» Loiro. Os veciños desta pequena aldea de Barbadás, en Ourense, prepararon unha decoración e iluminación especiais coas que celebrar a época do Nadal xuntos no ano covid. Todos participan e, por suposto, non faltan as panxoliñas


A pequena parroquia de Loiro, en Barbadás, non chega aos 150 habitantes. Poida que por iso, porque son poucos, os veciños do lugar forman unha gran familia, na que comparten os momentos máis complicados e tamén os máis bonitos. Despois dun ano de pandemia, cargado de distancias e tristezas, á asociación Loiro na Memoria ocorréuselle que o Nadal era a ocasión perfecta para encher de luz e de alegría as zonas comúns do seu pobo. «Despois do covid e de todo o que supuxo, cremos que era o momento de animarnos e alegrarnos», afirma Manuel Fernández, promotor da idea e presidente da asociación. Puxéronse ao choio en outubro, máis dunha vintena de veciños participaron na construción de árbores do Nadal feitos con listóns de madeira e dun trineo tamén de materiais reciclados, entre outros detalles. As semanas nas que as restricións eran máis duras, sen mobilidade entre municipios e sen poder quedar con non convivientes, o grupo organizouse para seguir ao choio desde casa. Tardes e fins de semana dedicadas a cortar, dar forma e pintar cada un dos detalles que conforman a súa decoración made in Loiro para este Nadal covid. «Creo que este tipo de iniciativas unen á xente e o resultado provoca alegría en todo o pobo. Foi moi bonito poder compartir momentos e moi divertido converternos en carpinteiros e en pequenos artistas durante unhas semanas», chancea Manuel.

A decoración colocárona a principios de decembro. Axudándose os uns aos outros foron sementando de luces de cores desde a praza do Campillo, no centro da localidade, ata a praza do Campo. A primeira é a zona máis decorada e está estratexicamente pensada. É fronte ao bar do pobo, o Marina -que, como en toda boa aldea, tamén é tenda- e á beira do restaurante Asador Rosiña, onde é obrigatorio quedar a comer se se visita Loiro. Isto último se non se adianta algún veciño e termínase comendo na súa casa, porque a hospitalidade e a proximidade da xente desta localidade parece ser un aceno de identidade. E non se esquecen de coidar de ninguén. Decidiron a localización do epicentro da decoración por un claro motivo: apoiar á súa hostalería. «Tocoulles pasar un ano durísimo, especialmente para o seu sector. Cremos que era importante encherlles de luces que simbolicen alegría e ilusión. Que saiban que estamos con eles. E desta forma tamén esperamos provocar que os que nos visiten para gozar do noso Nadal non se esquezan de consumir nos nosos locais», apunta Manuel. O MÁIS NOVO DO POBOO aceso da iluminación levouna a cabo Ézaro, un neno de 5 anos que é o veciño máis novo de Loiro. Timidamente, afirma que lle fixo moita ilusión «porque me encantan as luces e o Nadal». Din a súa nai, Laura Iglesias , e a súa avoa, Pilar Álvarez, que, grazas ás iniciativas que propón Manuel coa asociación Loiro na Memoria, Ézaro ten cada vez máis nenos cos que xogar. «Incita moito a participar, mobiliza á veciñanza e fai que cada vez veña máis xente nova», explica Pilar . E Laura engade: «Vivir aquí é unha pasada, ao peque gústalle moitísimo e coñece a todo o mundo. E con este tipo de acontecementos, como nosa gran Nadal xuntos, todo é mellor». Esta opinión é compartida por todo o pobo. Dálle a razón a tía de Manuel, unha das veciñas máis lonxevas de Loiro, Olinda Fernández. Aos seus 86 anos, xa non ve e aínda así os seus pés non deixan de moverse ao ritmo das panxoliñas que soan de fondo. Porque alí, cada tarde ás sete, é a hora na que na praza soan as cancións máis do Nadal. «Son moi festeira e todo o que teña que ver con xuntarnos paréceme xenial. O Nadal é a mellor época do ano. É unha tradición de sempre, e tiñamos que seguir con ela tamén neste 2020. Temos que animarnos entre nós porque a situación está claro que non o vai facer. Nunca se sabe canto nos queda aquí, así que hai que desfrutar de cada momento», afirma Olinda, quen asegura que como en Loiro en ningún sitio.

Luces, panxoliñas e ilusión para celebrar o Nadal neste recuncho do rural ourensán, a tan só vinte minutos da capital, onde consideran que o máis importante é mostrarse xuntos fronte a todo. «A asociación uniu ao pobo, é unha marabilla. Somos como unha gran familia e agora xa non queremos volver a Ourense», explica María José González, que, aínda que é natural de Loiro, vive na cidade co seu marido, Antonio Uruburu. «Seguimos de veraneo e por agora ímonos a quedar tamén a pasar estas datas», di el. O seu fillo, tamén Manuel, foi un dos grandes colaboradores cos que contou a iniciativa do Nadal. El encargouse de montar as luces en todas as árbores seleccionadas. «Foi un traballo meticuloso e un pouco canso, pero a verdade é que o resultado merece a pena con fartura. Manuel e a asociación conseguiron involucrarnos a todos e agora o Nadal metéusenos nos ósos e córrenos polas veas», admite. «A sorte é contar con veciños tan dispostos e animados», contéstalle Manuel, quen quere engadir que está todo o mundo invitado a visitar a súa versión destas festas, sen aglomeracións e mantendo a seguridade. Os catro déixannos para poder seguir cantando, ben separados. Hai que aproveitar que hoxe non chove e que se xuntaron uns cantos a gozar, con máscaras, do seu Nadal rural e familiar, por amais do covid-19.

PABLO ESTÉVEZ TABOADA - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-12-2020 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0