Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Reino Unido confina domiciliariamente Londres e o sueste do país durante o Nadal.
Dous millóns de contaxios acumulados de coronavirus e unha nova cepa de contaxio acelerado fixeron espabilar ao Reino Unido, que este sábado decidiu botar o peche total en Londres e o sueste do país durante polo menos as dúas próximas semanas. Os plans previstos para a tempada do Nadal quedaron completamente trastornados. «Non podemos seguir co Nadal tal e como tiñamos previsto», anunciou «con moita tristeza» o primeiro ministro británico, Boris Johnson, en rolda de prensa.
Londres e o sueste do país entran así en o que os ingleses chaman nivel 4, que pecha por completo as zonas afectadas, obriga aos residentes a quedar nos seus domicilios salvo limitadas excepcións, baixa a persiana das instalacións de lecer e os servizos non esenciais e impón o traballo desde casa salvo circunstancia inapelable. Estas restricións revisaranse o próximo 30 de decembro, día en que o Goberno británico se pronunciará sobre unha posible extensión para salvar, na medida do posible, a última semana do Nadal.
O país rexistrou 27.052 casos nas últimas horas e outros 534 falecementos, que elevan o total de afectados a 2.004.219 e a 67.065 os falecidos.

Paula Rey-Stolle González - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0