Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O martirio útil do mariscal Pedro Pardo de Cela
A situación da Galiza actual non se explica sen as súas repetidas derrotas á
volta dos dous últimos séculos da Idade Media. Se nas décadas finais do
século XIV remata derrotado fronte a Castela o partido galego, liderado por
Fernando de Castro e posteriormente por Xoán Andeiro, defensores dunha
Galiza dirixente no contexto ibérico, virada de costas a Castela, unida a
Portugal e abrazada ás nacións do Atlántico no contexto Europa da guerra dos
cen anos, a operación volve repetirse un século máis tarde co triunfo dos
exércitos dos Reis Católicos diante da rebelión galega. Neste contexto sitúase
a execución de Pedro Pardo de Cela, un dos máis significados dirixentes
daquel movemento, a canda o conde de Lemos, Pedro Álvarez Osorio, e o
conde Camiña, Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido popularmente como
Pedro Madruga.
A morte de Pedro Pardo de Cela, for esta o 17 de decembro de 1483, como
indica a tradición e a documentación clásica, ou nos primeiros días de outubro
dese 1483, segundo achega a información de Xosé Carlos Breixo ou Eduardo
Pardo de Guevara, explícase no marco dunha guerra colonial de conquista e
na conseguinte aplicación de medidas excepcionais.
Así, José García Oro, no seu estudo sobre a Galiza dos séculos XIV e XV,
escribe que a execución do mariscal se produce no marco dunha sorte de lei
marcial, cuestión que se deduce tamén das declaracións das propias
testemuñas do seu suposto testamento pero tamén do intervalo de 10 días que
media entre a súa detención na casa de Afonso Iañez no Castro do Valadouro
e a súa morte na praza de Mondoñedo.

Ricardo Tornero Belloso - 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-12-2020 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0